Os investigadores Margarita Novales Ordax e Alfonso Orro Arcay, coordinadora e membro do grupo de investigación de Ferrocarrís e Transportes da UDC (FERROTRANS), participan desde abril de 2025 nun proxecto de asistencia técnica para o deseño do sistema de transporte público urbano na Coruña. Os traballos céntranse no estudo baseado en estimacións precisas de patróns de orixe-destino e o asesoramento no deseño do sistema de transporte en autobús, co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento dun modelo de transporte máis eficiente e adaptado ás necesidades dos cidadáns, contribuíndo non só á mellor xestión dos recursos, mellorar a experiencia do usuario e fomentar un uso máis sostible do transporte público. O proxecto ten unha duración de 9 meses.