A profesora Marta Rey García da Facultade de Economía e Empresa da UDC dirixe un proxecto para o estudo de caracterización da sustentabilidade económica das organizacións de plena inclusión dirixidos ao fortalecemento da xestión organizacional. Os traballos, levados a cabo entre febreiro e decembro de 2025, dan continuidade ao proxecto para o estudo de caracterización de agrupacións industriais das organizacións de plena inclusión dirixido á acción estratéxica desenvolto entre maio e decembro de 2023, co obxectivo propoñer liñas de acción estratéxica axustadas aos distintos perfís de membros identificados á entidade. Co presente estudo búscase reforzar a importancia dunha intervención estratéxica informada e colexiada, orientada á real mellora da calidade de vida de colectivos en situación de vulnerabilidade