Actualidade

A Universidade da Coruña e Cobre San Rafael renovan a súa colaboración para promover a xestión sostible dos recursos naturais

09/05/2025

O Grupo de Enxeñaría da Auga e Medio Ambiente (GEAMA) da UDC colabora con Cobre San Rafael en proxectos de investigación do ámbito da enxeñaría civil, co obxectivo de minimizar a pegada ambiental e contribuír á preservación da contorna natural. Os traballos, iniciados en xaneiro de 2025, levados a cabo polo investigador do CITEEC e coordinador do grupo de investigación GEAMA, Ricardo Juncosa Rivera, céntranse na avaluación do impacto ambiental. O proxecto ten unha duración de 12 meses e supón unha inversión de preto de 72.000 euros.