Actualidade

A UDC e o Concello de Ferrol colaboran na nova edición do Talentiño

07/05/2025


Os docentes Joaquín Enriquez Díaz, Verónica Crespo Pereira, Jose María Losada López, Eva Sánchez Amboage e Begoña Alvarez García e Lucía Mato López, docentes da Facultade de Economía e Empresa da UDC, colaboran na organización da terceira edición do evento. 

 

Os traballos, levados a cabo entre febreiro e maio de 2025, están liderados por Jose María Losada López e inclúen o delineado das estratexias de xestión, administración e comunicación que se implementarán para garantir o éxito do evento "O Talentiño Ferrolterra 2025”. 

 

Esta iniciativa, organizada polo Concello de Ferrol e producida por D. Xabier Pérez Vízcaíno, ten como obxectivo impulsar o talento artístico xuvenil da comarca de Ferrolterra, premiando o esforzo e compromiso dos participantes. Ademais busca promocionar o comercio local e a cultura da rexión.