Actualidade

Carlota Vázquez e Pablo Páramo reciben o Décimo Premio ao mellor TFG aplicado 2023/24 durante a FepeFIC

25/04/2025

 

A Facultade de Informática da UDC deu a coñecer este venres 25 de abril, durante a Feira de Prácticas e Emprego (FepeFIC), aos gañadores do Décimo Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da FIC nos grados en Ciencia e Enxeñería de Datos e en Enxeñería Informática.


As cátedras institucionais de NTT DATA, Aldaba-WIB e CICAS patrocinan este premio, coa colaboración do Centro de Investigación en TIC (CITIC). O galardón dotado de 750 euros para o primeiro premio e dous accésits de 500 euros para os outros dous traballos finalistas.


No transcurso da Feira presentáronse os catro traballos finalistas e, tamén, a finalidade de cada unha destas tres cátedras coa sociedade. O primeiro premio no Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos foi para Carlota Vázquez co seu proxecto "Análisis basado en aprendizaje profundo de biomarcadores de la retina en la región macular para la detección de trastornos neurodegenerativos mediante imágenes de OCT”; e no Grao de Enxeñería Informática, Pablo Páramo co seu TFG "ComunicELA: Software de Asistencia para la Comunicación en Pacientes con Esclerosis Lateral Amiotrófica".

Os accésits foron para Carmen Lozano, Grao en en Ciencia e Enxeñaría de Datos, co seu traballo "Detección automática de fracturas en la columna cervical utilizando aprendizaje profundo en imágenes de tomografía computarizada", e para Alejandro Buján con "Abordando o desenvolvemento de Liñas de Produtos de Software dende unha perspectiva de Xestión do Ciclo de Vida das Aplicacións".


A trintena de empresas que participan na VI Feira de Prácticas e Emprego da Facultade de Informática da UDC contaron con postos informativos durante os días 23, 24 e 25 de abril, nos que orientaron ao alumnado, que o próximo ano realizarán as prácticas curriculares nas devanditas entidades.