Actualidade

A Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña reafirma o seu compromiso para colaborar en proxectos do ámbito clínico-asistencial

29/04/2025

A Facultade de Fisioterapia da UDC reafirma o seu compromiso de colaboración en proxectos do ámbito clínico-asistencial, coa intención de potenciar a formación e a atención dos profesionais do sector. O profesor Ramón Fernández Cervantes, que forma parte do grupo de investigación en interpretación psicosocial e rehabilitación funcional da UDC, será o encargado de dirixir o proxecto de asesoramento en coordinación asistencial, docente e investigadora en procesos de fisioterapia. Os traballos, iniciados en xaneiro de 2025, teñen prevista unha duración de 12 meses.