Actualidade

A UDC e a Asociación Eólica de Galicia reforzan a súa colaboración a través do asesoramento xurídico para a implantación de proxectos enerxéticos

24/04/2025

O profesor da Facultade de Dereito da UDC, Juan Jesús Raposo Arceo lidera un proxecto de asesoramento no ámbito xurídico en materias de ordenación do territorio, urbanismo, medio ambiente, montes e normativa sectorial de Dereito público con incidencia especial no sector eólico. Os traballos, iniciados en xaneiro de 2025, teñen prevista unha duración de 12 meses.