Dentro das actividades da Cátedra Epifanio Campo, o pasado mércores 16 de abril de 2025, recibieron a visita nas súas instalacións dun grupo de estudantes da Universidade Sénior Campus Industrial de Ferrol (Universidade da Coruña).
Durante a visita, puideron compartir con eles o funcionamento das súas instalacións, os diferentes procesos de xestión de residuos e as últimas innovacións que están a implementar. Foi un encontro enriquecedor, con preguntas interesantes e moito entusiasmo por aprender e coñecer máis sobre a contorna industrial actual.
Esta actividade enmárcase dentro do programa de formación e divulgación que desenvolve a institución académica para fomentar o intercambio de coñecementos nos campos da docencia, a investigación e a divulgación científica, con especial énfase nos ámbitos do medio ambiente e a xestión de residuos, así como en promover a aprendizaxe continua e o achegamento entre xeracións a través do coñecemento .