Actualidade

A Cátedra CICAS patrocina a Feira de Prácticas e de Emprego e o X Premio ao Mellor TFG Aplicado da FIC

22/04/2025

 

A Cátedra CICAS patrocina a VI Feira de Prácticas e de Emprego que organiza a Facultade de Informática da UDC, os días 23, 24 e 25 de abril. Un evento destinado ao alumnado que o próximo curso académico realizarán prácticas curriculares nunha das trinta empresas adheridas ao programa.


No transcurso da Feira presentaranse os catro traballos finalistas, con Matrícula de Honra ao X Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da FIC, e será o venres 25 de abril, ás 10:30h, cando se desvele o nome do gañador ou gañadora desta edición.


Os catro TFG finalistas son: ‘ComunicELA: Software de Asistencia para a Comunicación en Pacientes con Esclerose Lateral Amiotrófica’, de Pablo Páramo; ‘Análise baseada en aprendizaxe profunda de biomarcadores da retina na rexión macular para a detección de trastornos neurodexenerativos mediante imaxes de OCT’, de Carlota Vázquez; ‘Abordando o desenvolvemento de Liñas de Produtos de Software desde unha perspectiva de Xestión do Ciclo de Vida das Aplicacións’, de Alejandro Buján; e ‘Detección automática de fracturas na columna cervical utilizando aprendizaxe profunda en imaxes de tomografía computarizada’, de Carmen Lozano.


Este galardón anual, ademais de contar co patrocinio da Sngular (Cátedra CICAS), tamén conta co das cátedras NTT DATA e Aldaba-WIB, e coa colaboración do Centro de Investigación en TIC (CITIC). Está dotado con 750 euros para o primeiro premio e accésit de 500 euros para os accésits.