Actualidade

A Universidade da Coruña e Cobre San Rafael impulsan un plan de recuperación integral da auga na contorna da mina de Touro

09/04/2025

Cobre San Rafael acaba de implementar na súa páxina web un mapa interactivo que ofrece aos usuarios a posibilidade de realizar unha visita virtual polos principais puntos de control da calidade das augas na contorna da antiga mina de Touro-O Pino (A Coruña), na contorna da cunca do Ulla. Os usuarios poderán consultar a información técnica sobre as mostras recollidas entre 2022 e 2024, realizadas por técnicos de Cobre San Rafael e expertos da Universidade da Coruña, que evidencian que as augas manteñen niveis de calidade positivos. Pica aquí para ler a noticia completa de Quincemil.