O obxectivo do curso é paliar o déficit de formación académica especializada que se rexistraba tanto no Sistema Universitario de Galicia (SUG) como fóra del, en asesoramento xurídico-laboral nun sector tan diferente e con especificidades concretas como é o das actividades marítimo-pesqueiras.
Para esta III edición ofertaranse 40 prazas presenciais, das que 20 serán propostas polo Consello Galego de Relacións Laborais, ao abeiro do acordo asinado entre ambos os dous entes. Ofreceranse así mesmo 10 prazas máis en modalidade en liña.
A dirección do curso será levada a cabo por Iván Vizcaíno Ramos, profesor titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UDC, e estará coordinado por Xosé Manuel Carril Vázquez, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na UDC.