O proxecto, posto en marcha en xaneiro de 2025, busca implementar solucións biotecnolóxicas innovadoras para mellorar a resiliencia da ameixa japónica e o berberecho fronte a episodios de baixa salinidade derivados de factores climáticos extremos.
Biorem ten como obxectivo identificar e seleccionar cepas bacterianas con propiedades probióticas que poidan ser utilizadas para desenvolver estratexias de biorremediación ambiental, mellorando a saúde do substrato onde se cultivan os bivalvos, contribuindo non so á seguridade alimentaria, senón que tamén fortalecerá a sustentabilidade do sector e aumentará a súa competitividade nos mercados internacionais.
Impacto no sector e compromiso coa sustentabilidade
A produción de bivalvos é unha actividade estratéxica para a economía galega, e a súa viabilidade está ameazada por factores como o cambio climático, a contaminación e a proliferación de especies invasoras. a elevada mortalidade rexistrada no outono de 2023 puxo de manifesto a urxencia de adoptar medidas científicas para mitigar estes impactos e garantir a adaptación dos cultivos ás novas condicións ambientais.
Co proxecto biorem, Galicia reforza o seu compromiso cunha acuicultura sostible e resiliente, apostando pola investigación e a innovación como vías para consolidar o futuro do marisqueo, manter o emprego nas zonas costeiras e asegurar a calidade dos produtos destinados aos mercados nacionais e internacionais.