Actualidade

A Cátedra ALDABA-WIB pon en marcha o ciclo de charlas 'Aplicación práctica de las TIC en la empresa'

07/03/2025

 

Cumprindo co compromiso cunha das líneas estratéxicas da Cátedra, contribuir á formación de alto nivel dos/as futuros/as graduados/as da facultade de Informática (FIC) da UDC e a Escola de Enxeñería Informática (ESEI) da UVigo, ponse en marcha o primeiro ciclo de charlas "Aplicación práctica de las TIC en la empresa". Este ciclo ten como obxectivo achegar as necesidades e posibilidades de uso das TIC en empresas ao corpo estudantil desde un punto de vista práctico e actual. As charlas fomentarán a adquisición das competencias, coñecementos e habilidades que demanda a día de hoxe o tecido empresarial, facilitando, así, a integración no mundo laboral. 

 

As charlas impartiranse na FIC e na ESEI ao longo dos próximos meses. O ciclo iníciase coa charla "Como diseñar un proyecto de datos end-to-end" o próximo 12 de marzo na FIC en horario de 17:00 a 18:30h. Nela, o alumnado aprenderá os pasos para desenvolver un proxecto de datos completo, desde a extracción de datos ata o deseño de visualización. Aínda que está enfocada no alumnado do Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos, estará aberta a todo o estudantado da facultade interesado en ferramentas de Business Intelligence e visualización de datos. 

 

O ciclo completarase coas seguintes charlas, con datas aínda por determinar: 

  • "Retos a los que se enfrenta una ingeniera o ingeniero de software en una consultora tecnológica, con ejemplos reales". O propósito desta charla é expoñer a realidade das enxeñeiras e enxeñeiros de software no mundo da consultoría TIC, onde a adaptación á tecnoloxía, cliente e contorna é un traballo continuo. Para ilustralo, presentaranse exemplos de proxectos reais. 
  • "El futuro de SAP. Acercamiento al modelo Ingeniería de Software", onde se mostrará unha visión global dos ERP, concretamente SAP, de onde vén, e sobre todo cara a onde se encamiña, facendo fincapé na revolución tecnolóxica que está a empezar e o achegamento de SAP ao modelo de Enxeñería do Software.