O Concello de Santiago de Compostela e a Fundación Universidade da Coruña asinan en decembro de 2024 un convenio de 6 meses de duración, para a realización dun estudo xurídico, social e económico financeiro sobre o modelo de xestión do ciclo integral da auga no termo municipal. A UDC, a través das cátedras Institucionais: a Cátedra Emalcsa-UDC, coordinadora dos traballos, e a Cátedra de Dereito Local, o Grupo de Enxeñaría da auga e do Medio Ambiente (GEAMA) e o grupo de investigación en Regulación, Economía e Finanzas (GREFIN), colaboran na análise da situación do ciclo integral da auga de Santiago de Compostela co fin de incrementar as súas capacidades nesta materia, continuar as liñas de investigación e achegar o seu coñecemento experto e interdisciplinar.