Actualidade

A UDC participa en proxectos de I+D+i no campo da produción sonora de obras audiovisuais

05/02/2025

O docente Guillermo Franganillo Parrado, da Facultade de Ciencias da Comunicación e membro do grupo de investigación de Visualización Avanzada e Cartografía (Videalab/Cartolab) da UDC, participou na produción dunha obra audiovisual. Os traballos, desenvoltos en decembro de 2024, centráronse en proporcionar asesoramento en relación á produción sonora.