Actualidade

A Universidade Sénior da UDC inicia a 7ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento para os adultos maiores da Costa da Morte

28/01/2025

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, pon en marcha en 2025 a 7ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para adultos maiores da Costa da Morte. Este proxecto conta coa financiación da Xunta de Galicia e a colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte” e o Concello de Zas, e desenvolverase entre febreiro e marzo no Centro Sociocultural de Baio (Zas). A inscrición, gratuíta, estará aberta desde hoxe, día 24 de xaneiro, ata o 5 de febreiro; e poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://universidadesenior.org/costa-da-morte/) ou presencialmente a través dos Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) dos concellos participantes. Para máis información preme aquí.