O profesor da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) da UDC, Rodrigo Martínez Rodríguez, dirixe un proxecto de asesoramento nos procesos de ecodiseño no ámbito da valorización de materiais, no marco do proxecto europeo POCTEC GREEN-HUB: “Centro de excelencia na economía circular da Euro-Rexión do Norte de Portugal e Galicia”, impulsado pola Axencia Galega de Innvovación (GAIN). Os traballos, desenvoltos entre novembro e decembro de 2024, teñen por obxectivo a identificación e desenvolvemento de solucións eficaces que optimicen o uso de recursos e minimicen a xeración residuos, fomentando a creación dun centro virtual de excelencia en economía circular, onde compartir experiencias, boas prácticas e innovacións.