Actualidade

A Universidade da Coruña reforza a súa participación en proxectos de asesoramento no ámbito económico-financeiro

23/01/2025

O profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC, Félix Puime Guillén, colabora con varias entidades para desenvolver proxectos de asesoramento no ámbito económico-financeiro. Os traballos, desenvoltos entre decembro de 2024 e febreiro de 2025, teñen como obxectivo principal ofrecer unha análise exhaustiva da contabilidade de de unha sociedade e a análise dos rendementos na elaboración de produtos lácteos. En ambos proxectos, o obxectivo final é a emisión dun informe que servirá para a toma de decisións estratéxicas baseadas en datos analíticos precisos nas empresas.