Actualidade

A UDC celebrará unha nova edición do maior hackathon de Galicia

22/01/2025

O maratón de programación de software libre HackUDC 2025 está organizado pola asociación universitaria vencellada a UDC, GPUL, e terá lugar na Facultade de Informática do 21 ao 23 de febreiro deste ano. Este ano participarán neste encontro tecnolóxico máis de 250 estudantes, resolvendo retos propostos por empresas líderes do sector e competindo por premios que superan os 3.000 €. Como en edicións anteriores, o HackUDC conta co apoio de empresas como Gradiant, Denodo ou Noma Systems, Sngular a través da Cátedra CICAS para o fomento da Ciencia Aberta a través do Software, entre outras. Amplia no seguinte enlace máis información.