FUAC
A Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF), adscrita á Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial de Ferrol, dirixe e pilota un modelo de atención psicoterapéutica que se presta nas catro provincias galegas. Nos anos 2023 e 2024, esta iniciativa, financiada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo Plus, xestionou un total de 961 tratamentos psicoterapéuticos e máis de 14.400 sesións de terapia, uns datos que serven para consolidar un servizo que pretende ser eficaz, eficiente e sostible dentro da estrutura de servizos sociais e de protección á infancia.