Actualidade

A Universidade da Coruña avanza no desenvolvemento de proxectos en materia de sustentabilidade turística

17/01/2025

O grupo de investigación Experiencia Turística (Exper.Turs) recibe un encargo en outubro de 2024 para a realización dunha formación en técnicas de xestión sostible de aloxamentos turísticos. A actividade formativa titulada “Sostenibilidad Turística aplicada al sector del Ecoturismo” está dirixida polo profesor Manuel Martínez Carballo, pertencente ao Departamento de Empresa da Facultade de turismo, e experto en calidade e sustentabilidade turística.