Actualidade

A Universidade da Coruña e REPSOL amplian a súa colaboración ata finais de 2025

16/01/2025

O profesor Química Analítica da UDC e membro do Grupo de Investigación QANAP, José Manuel Andrade Garda renova como responsable do proxecto. O equipo de traballo leva a cabo os traballos de investigación do ámbito científico establecidos no acordo asinado entre a Universidade da Coruña e REPSOL. A colaboración iniciada en decembro de 2020 e renovada ata finais de 2024, ampliase ata finais de 2025 e conta cun orzamento de 90.000 euros.