Actualidade

O grupo de investigación de Ferrocarrís e Transportes da UDC colabora en proxectos de I+D sobre mobilidade sustentable

16/01/2025

Os investigadores Margarita Novales Ordax e Alfonso Orro Arcay, coordinadora e membro do grupo de investigación de Ferrocarrís e Transportes da UDC (FERROTRANS), dirixen un proxecto desde xullo de 2024 para a redacción do informe “Nova Mobilidade de Galicia”. Os traballos inclúen a realización de estudos da situación actual e tendencias de futuro, así como solucións para a mobilidade do longo percorrido (incluíndo transporte privado, autobús, ferrocarril convencional e de alta velocidade, aéreo…). O proxecto ten unha duración de 1 ano e conta cun orzamento de 18.000 euros.