O Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte (ACoM) da UDC, en colaboración coa Federación Galega de Natación, colaboran nunha iniciativa que busca integrar a investigación académica coa práctica deportiva, proporcionando ferramentas e recursos que optimicen a preparación física e técnica dos atletas galegos. Os traballos, dirixidos por Virginia López Alonso, profesora de INEF e membro activo do grupo de investigación, inclúen a análise, seguimento e mellora do rendemento deportivo da selección galega de natación artística, a desenvolver entre decembro de 2024 e xullo de 2025.