Actualidade

O grupo de investigación REACT! da UDC traballa na implementación dun proxecto de xestión ambiental e de redución de residuos orgánicos

09/01/2025

O proxecto será desenvolvido pola Universidade da Coruña (UDC) baixo a dirección do Profesor da Facultade de Ciencias e membro activo do grupo de investigación Reactividad Química y Fotorreactividad (REACT!), Manuel Castiñeira Soto. Os traballos, iniciados en xuño de 2024, inclúen o estudo de viabilidade e pre-deseño dunha instalación de compostaxe para residuos orgánicos de Hornos de Lamastelle, co obxectivo de determinar o posible tratamento por compostaxe e o dimensionamento das instalación, incluída a elección do sistema máis axeitado e maquinaria necesaria. A duración estimada do traballo é de 8 meses, ata febreiro de 2025.