Actualidade

A Universidade da Coruña e a Asociación Sociocultural ASCM Galicia desenvolven un programa pioneiro de moda inclusiva para todas as personas

09/01/2025

 

O proxecto será desenvolvido pola Universidade da Coruña (UDC) baixo a dirección do Profesor Manuel Escourido Calvo, coordinador do Grao en Xestión Industrial da Moda en Ferrol, en colaboración coa Asociación Sociocultural ASCM Galicia, na organización de xornadas e estudos relacionados coa moda inclusiva, financiada con cargo ao “programa Partires II: Participación Inclusiva e respiro familiar”. 


A iniciativa ten por obxectivo proporcionar asistencia técnica na organización de xornadas e estudos enfocados na moda inclusiva co propósito de sensibilizar e atender a persoas con diversidade funcional, principalmente na xornada Moda B, que se celebrou durante o mes de maio de 2024 e dun desfile de moda adaptada con modelos con diversidade funcional, contando coa participación do alumnado do grao en Xestión Industrial da Moda e do persoal administrativo do Campus Industrial de Ferrol; a análise do impacto das xornadas e ou eventos realizados entre o público asistente e a nivel de cobertura e impacto dos medios de comunicación e a análise das necesidades dos usuarios de moda adaptada para avaliación das accións realizadas e elaboración de conclusións. 


O proxecto, levado a cabo entre os meses de abril e decembro de 2024, está subvencionado a través da convocatoria de axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF da Xunta de Galicia. 


Programa PARTIRES II: Participación Inclusiva e respiro familiar 
A Asociación Sociocultural ASCM Galicia, que traballa pola plena inclusión das persoas con discapacidade, pretende co desenvolvemento do proxecto concienciar ao conxunto da sociedade das necesidades de adaptación da moda derivada das circunstancias psicomotrices das persoas con diversidade funcional.

 

Imaxe xerada por IA