O profesor Carlos Aymerich Cano, especializado en Dereito Administrativo e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC, colabora desde marzo ata decembro de 2024 con varias entidades locais en proxectos do ámbito xurídico, cun investimento de 60.000 euros. Entre os proxectos coordinados figuran traballos de asesoramento xurídico-administrativo no proceso de elaboración, negociación e aprobación da nova Relación de Postos de Traballo (RPT), a elaboración dun informe xurídico e económico sobre o rescate da autoestrada AP-9, a elaboración dun informe acerca da legalidade do decreto 30/2024, do 15 de febreiro, sobre subministración de medicamentos de uso exclusivo hospitalario a profesionais de veterinaria e diversas consultas do ámbito xurídico.