Actualidade

A UDC reforza a súa colaboración con Btwice a través do asesoramento en proxectos do ámbito da enxeñería eléctrica

11/12/2024

A Universidade da Coruña amplía a súa colaboración con Btwice mediante un novo proxecto titulado "Asesoramento na Determinación Experimental de Propiedades e Comportamento Térmico de Motores Eléctricos”. Os traballos están coordinados polo profesor Francisco Javier González Varela da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol e coordinador do grupo de investigación Laboratorio de Enxeñería Mecánica (LIM) desde o ano 2022. Durante o desenvolvemento desta investigación, realizaranse unha serie de experimentos destinados a recompilar datos sobre como os motores eléctricos reaccionan baixo distintas condicións térmicas. Este asesoramento permitirá optimizar os seus deseños e procesos, contribuíndo a innovacións na tecnoloxía de motores eléctricos.