Actualidade

Investigadores da Universidade da Coruña participan na iniciativa empresarial Ribeira Sacra Next

26/11/2024

 

O plan estratéxico da agrupación empresarial Ribeira Sacra Next botou a andar coa firma do contrato de asistencia técnica para a súa elaboración en abril de 2024. A redacción do traballo correrá a cargo da Universidade da Coruña, e será coordinado polo profesor José Pablo Abeal da Facultade de Economía e Empresa da UDC e membro activo do grupo de investigación  en regulación, economía e finanzas (GREFIN). 

 

O equipo de traballo encárgase da identificación dos elementos máis relevantes e análises dos grupos de interese, co obxectivo de contribuír ao afianzamento da poboación e incentivar o papel da muller nun modelo de desenvolvemento sostible. Os traballos, iniciados en xuño de 2024, teñen unha duración de 5 meses. 

 

Ribeira Sacra Next deuse a coñecer en febreiro do 2023 no Centro do Viño, nun acto no que participaron representantes da vintena de empresas implicadas na iniciativa. O pasado mes de marzo a agrupación alcanzara 70 asociados que, segundo os seus cálculos, contaban cunha facturación anual conxunta de 200 millóns e 1.400 traballadores en persoal.