O profesor da UDC Jose María Mesías Lema, coordinador do grupo de Investigación en procesos artísticos contemporáneos, patrimoniais e de mediación cultural en contextos educativos (ARTE-FACTO) dirixe un proxecto sobre o comisariado “A táctica do colibrí”, cuxos traballos se desenvolverán durante 12 meses.
Os traballos comezaron nos meses de maio e xuño co desenvolvemento dun programa educativo en colaboración cos centros educativos. Logo, levou a cabo o deseño e a organización da exposición desde abril ata outubro de 2024 e a preparación, deseño e publicación dun catálogo da exposición.
A mostra "A táctica do colibrí: Activismos educativos e dereitos humanos", nace a partir do proxecto de investigación DERARTI “Os dereitos da infancia, adolescencia e xuventude: habitando proxectos activistas con estudantes, docentes e artistas contemporáneos” dirixido pola Universidade da Coruña en colaboración coa Universitat de València, a Universidade Complutense de Madrid e a Universitat Jaume I de Castelló.
Entre as iniciativas representadas, destaca a “A Escola Libre de Cerámica de Sargadelos”, un referente na educación artística que promove a liberdade e a creatividade no proceso de aprendizaxe. Ademais, a exposición inclúe outras propostas similares que evidencian como a arte pode ser un catalizador para o cambio social e a concienciación sobre temas de xustiza e equidade.
A mostra tamén se enfoca nunha serie de colaboracións entre artistas contemporáneos e centros educativos situados en diversas rexións de España, incluíndo Galicia, Madrid e a Comunidade Valenciana. Estas experiencias non só subliñan a importancia da arte na educación, senón que tamén revelan como estas interaccións poden empoderar aos estudantes e fomentar un sentido crítico sobre a súa contorna social e político.
Imagen xerada por IA