A temática dos traballos deberá ter relación cos sistemas de auga urbana e estar encadrada no ámbito DUSA (Desenvolvemento Urbano Sensible á Auga), que busca integrar os elementos do sistema de auga urbana co desenvolvemento urbano e a xestión da conca fluvial para maximizar os beneficios económicos, sociais e ambientais. Neste sentido os traballos poden abarcar temáticas diversas, dende a auga en orixe até o consumidor, incluíndo estudos ecolóxicos, caracterizacións fisicoquímicas, sistemas de distribución, avances tecnolóxicos, ou percepción social, entre outros.
O premio ao mellor Traballo Fin de Máster terá unha dotación económica de 1000 euros. Así mesmo poderánse conceder até dous accésit de 500 euros se o xurado así o considera.
O xurado estará formado por membros do Comité Científico-Técnico da Cátedra Emalcsa-UDC. A súa composición anunciarase antes do peche da convocatoria.
A presentación de traballos realizarase no seguinte formulario Web (pica aquí para inscribirte ou para máis información). A data límite para o envío de candidaturas será o 30 de novembro de 2024 (ampliado ata o 20 de decembro).
Velaquí podedes consultar as bases destes IV Premios Cátedra Emalcsa-UDC.