Actualidade

A Universidade da Coruña participa en proxectos de asesoramento en materia xurídica e políticas de aforro enerxético e autoconsumo

13/11/2024

 

O investigador do grupo de Dereito Público Global e coordinador da Cátedra de Dereito Local, Carlos Amoedo, lidera varios proxectos no eido local no ano 2024 por un importe de 18.000 euros. Durante o ano 2024 colaborou co Concello de Xermade, ofrecendo asesoramento en materia xurídica nun proxecto pioneiro en Galicia, para a formalización e posta en funcionamento dunha comunidade enerxética localtraballos que iniciaron en xuño, por un período de 4 meses e que facilitarán así a veciñanza un acceso máis barato e máis eficiente a estas fontes de enerxía, e un segundo proxecto para a elaboración nun borrador da convivencia na cidade de Santiago de Compostela e análise do seu impacto normativo, no que se atopa traballando desde outubro. 

 

Comuninades enerxéticas

A Cátedra de Dereito Local da UDC organizou no ano 2023 unha mesa redonda para abordar o asunto enerxético, baixo o título "As políticas enerxéticas dás entidades locais: novos escenarios" baixo a dirección do coordinador da Cátedra, Carlos Alberto Amoedo Souto. A cátedra pretendía abrir o debate sobre o papel que poden desempeñar as entidades locais na atención a esta necesidade, nun escenario de crecente encarecemento da electricidade por mor da invasión rusa de Ucraína e da transición enerxética cara a combustibles non fósiles.

 

Durante a xornada abordáronse as posibles políticas públicas no ámbito do municipalismo, como o estímulo da eficiencia enerxética a través de ordenanzas locais, a contratación pública e a política fiscal, ata a produción e a comercialización eléctrica, pasando polo impulso das comunidades enerxéticas. Actualmente en Galicia está a crearse unha comunidade no Concello de Xermade, unha iniciativa pioneira na comunidade, e que impulsará a creación de novas comunidades. Co obxectivo de loitar contra o cambio climático e reducir a factura da luz, e co respaldo da Federación Galega de Municipios (Fegamp), que o seleccionou como concello piloto para o proxecto Comunidade Enerxética Local (CEL) Rural. 

 

O Concello de Xermade, que leva xa case unha década coas primeiras placas fotovoltaicas instaladas no municipio, leva desde principios de ano traballando na creación dunha comunidade enerxética. O que lles achegará múltiples, como beneficios económicos, pola oportunidade dun aforro importante no recibo da luz, así como de xeración de ingresos; ambientais, sociais, de promoción de enerxías renovables.