Actualidade

O futuro industrial de Galicia: Garantías Xurídicas para un Desenvolvemento Competitivo

14/11/2024

 

A Cátedra Greenalia-UDC organiza a mesa redonda “O futuro industrial de Galicia: Garantías xurídicas para un desenvolvemento competitivo”, un espazo de diálogo en torno ao papel crucial do sector xurídico no impulso industrial galego. O evento celebrarase o luns 16 de decembro a partir das 12:00h no Salón de Graos da Facultade de Dereito da UDC, no Campus de Elviña ou online, e contará coa participación de expertos que abordarán temas clave como:


• Obxectivos de desenvolvemento industrial sostible: análise dos obxectivos establecidos e do impacto da lexislación na execución de proxectos estratéxicos.
• Panorama xurídico actual: revisión da situación legal a nivel europeo, nacional e rexional, e a súa aliñación cos obxectivos de desenvolvemento sostible.
• Perspectivas dos grupos de interese: exploración das visións de distintos actores crave e da necesidade dunha coordinación efectiva entre eles.
• Futuro xurídico do desenvolvemento industrial: avaliación das tendencias xurídicas e o seu potencial para fortalecer o sector industrial en Galicia.


Esta mesa redonda ofrece unha oportunidade única para coñecer e debater os aspectos legais que poden facilitar un crecemento industrial competitivo e sostible na rexión. Nela, participarán Carlos Abuín Flores, Letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia; Cristina Pedrosa Leis, Avogada da Asociación Eólica de Galicia (@EGA) e José Antonio Blanco Moa, Profesor Doutor do Departamento de Dereito Público da UDC.


O webinar, ao que se poderá asistir tanto de maneira presencial como en liña, está aberto tanto ao alumnado e profesorado da UDC como ao público xeral. Para asistir, é necesario inscribirse na seguinte ligazón (pica aquí).