Na primeira delas, onde as disciplinas que contan con maior representación son Química e Medicina Clínica, seguidas das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, as Tecnoloxías Habilitadoras e Estratéxicas, e tamén a Investigación Biomédica, aparecen 15 investigadores e investigadoras da UDC: Tiago M. Fernádez Caramés, do Departamento de Enxeñaría de Computadores; Christian Kennes, Carlos Jiménez, Carlos Platas Iglesias, Emilia Iglesias e María del Carmen Veiga, do Departamento de Química; María Isabel González Siso, do Departamento de Bioloxía; Darío Prada Rodríguez, do CICA; Ángel Fernández Flores, do INIBIC; Blanca Laffon, do Departamento de Psicoloxía; Alejandro Pazos e Verónica Bolón Canedo, do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, José A. Orosa, do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña; e Francisco Javier Blanco e María Generosa Crespo, do Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas.
En canto á listaxe que ten en conta as citas recibidas no ano 2023 son 17 as persoas incluídas, en que a área máis representada é Medicina Clínica, seguida das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, a Investigación Biomédica, a Química, a Economía e Empresas, a Bioloxía, as Ciencias da Terra e Medioambientais, e as Tecnoloxías Habilitadoras e Estratéxicas. Aquí aparecen tamén Tiago M. Fernández Caramés, Verónica Bolón Canedo, Carlos Jiménez, Christian Kennes, Blanca Laffon, Ángel Fernández Flores, Carlos Platas Iglesias, Francisco Javier Blanco e María Generosa Crespo Leiro; e incorpóranse Paula Fraga Lamas e Diego Darriba, do Departamento de Enxeñaría de Computadores; Cristina Calvo-Porral, do Departamento de Empresa; Vanessa Valdiglesias, do Departamento de Bioloxía; Amparo Alonso Betanzos, do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información; Manuel López Vicente, do Departamento de Física e Ciencias da Terra; Ana Fernández González, do INIBIC; e Daniel López, do Departamento de Ciencias da Saúde.