Actualidade

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolle os días 6, 7 e 8 de novembro o IV Encontro CIBER.gal

06/11/2024

 

A cuarta edición do Encontro Galego de Ciberseguridade. CIBER.gal, organizado polo Nodo Gallego de Ciberseguridade e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración do Colexio de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) abriu as súas portas o mércores, 6 de novembro, con 2.600 rexistrados. Más de 60 expertos abordarán, hoxe e mañá na Cidade da Cultura de Galicia, os retos da ciberseguridade a través de paneis, conferencias e talleres con contidos para a cidadanía, as administracións públicas e tecido empresarial.

 

No evento participan entidades como NTTDATA, Hijos de Rivera ou R a través da Cátedra; destacanto a colaboración e participación activa da Cátedra R en Ciberseguridade  un ano máis, que segue traballando de maneira conxunta coas institucións privadas e públicas na divulgación do coñecemento no campo da ciberseguridade e na presente edición entregou os Premios aos traballos académicos a nivel Grao, Máster e Doutoramento na área da Ciberseguridade e no ámbito do SUG (consulta aquí os traballos premiados). Así como o premio ao Reto Cátedra R & Gradiant