Actualidade

A Cátedra SXD Galicia Activa e a Xunta de Galicia visibilizan os beneficios do deporte coa celebración da xornada 'Muller, exercicio e deporte nas diferentes etapas do ciclo vital'

05/11/2024

 

O vindeiro sábado, 23 de novembro de 2024, en horario de 9:00 a 14:30h e de 16:00 a 19:00h, terá lugar no Auditorio Neira Vilas na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a IV Xornada, organizada pola Cátedra SXD Galicia Activa, en colaboración con la Xunta de Galicia, no marco do proxecto PID2021-124277OB-I00, financiado por MICIU/ AEI/10.13039/501100011033 e por FEDER (UE) que leva por título "Muller, exercicio e deporte nas diferentes etapas do ciclo vital".

 

A xornada, centrada no perfil poboacional da muller, contará coa participación de prestixiosos/-as investigadores/-as, que nos achegarán a súa experiencia respecto aos aspectos hormonais e perfil lesional da muller deportista, exercicio na muller embarazada, exercicio físico en muller postmenopaúsica, seguidas dunha mesa redonda onde participarán deportistas galegas olímpicas e/o paralímpicas, na que os asistentes poderán formular preguntas e/ou comentarios.

 

Continuando o programa, pola tarde terá lugar un relatorio sobre o abandono da a práctica deportiva en mujeres e un taller sobre liderado deportivo feminino, abordando temas esenciais como o autocontrol e a xestión da "axenda vital" para optimizar recursos persoais e profesionais no ámbito da xestión deportiva, da man de M. Ángeles de Santiago Restoy; Management Around Sport-MAS.

 

Contaremos cos seguintes relatores/-as:
 

Manuel Avelino Giráldez García. Profesor Titular do Departamento de Educación Física e Deportiva da Universidade da Coruña. Coordinador do Programa Oficial do Doutoramento en Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable. Director do Máster en Promoción de Actividade Física e en Adestramento Adaptado a Patoloxías. Director do Curso de Formación Específica en Actividade Física e Exercicio Físico Saudables para o colectivo de Educadores Físicos e Deportivos.  Codirector da Cátedra SXD Galicia Activa. Director da Cátedra AECC-UDC Exercicio Contra o Cancro. Investigador do Performance and Health Group. Médico especialista en Medicina da Educación Física e o Deporte. Director médico de Efisaúde SL. Médico especialista en Medicina Subacuática (hiperbárica) e Náutico Deportiva. Director médico de Galibárica SL.

 

Presentará o relatorio: Aspectos hormonais do rendemento na muller deportista.

 

Luisa Ibáñez Martín. Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Oviedo e especialista en Traumatoloxía e Ortopedia. Realizou rotacións extrahospitalarias en: Neurocirugía: TCE, diagnóstico e tratamento. Servizo de Neurocirugía II do Hospital Central de Asturias; Cirurxía de Mánoa Unidade de Man e Microcirugía do Servizo de Cirurxía Plástica e Reparadora do Hospital Central de Asturias; Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía Infantil. Sección de Ortopedia Infantil, Servizo de Cirurxía Pediátrica, Hospital Universitario Gregorio Marañón, Madrid; Unidade de Xeonllo e Cirurxía Artroscópica do Hospital Fremap - Majadahonda. Compaxinou o seu labor médico coa docencia como titora de MIR en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía (Complexo Hospitalario Xeral - Calde) e MIR en Medicina de Familia (Hospital Xeral de Lanzarote). É experta en traumatoloxía deportiva, cirurxía de xeonllo, artroscopia de ombreiro, artroscopia de cadeira, artroscopia de nocello e cirurxía do deporte, entre outros tratamentos e patoloxías. Actualmente forma parte da Unidade de Traumatoloxía e Ortopedia do Hospital Quirónsalud Lugo.

 

Presentará o relatorio: Perfil lesional da muller deportista de alto nivel.

 

Ana María Martínez Cagiao. Enfermeira Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía (Matrona) e Graduada en Ciencias da Actividade física e o Deporte. Con ampla experiencia laboral, traballou en diferentes hospitais e centros de saúde do Servizo Galego de Saúde. Actualmente exerce como matrona no Servizo de Atención Primaria de Culleredo (Área Sanitaria da Coruña-CEE) e compaxina esta labor cos estudos de doutoramento na Universidade da Coruña. A súa investigación trata do estudo da actividade física ao longo do embarazo e o seu efecto en parámetros de saúde materno-fetais.

 

Presentará o relatorio: Exercicio, actividade física e embarazo.

 

María Rúa Alonso. Doutora en Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable. Actualmente traballa como investigadora postdoutoral para a Xunta de Galicia na Universidade da Coruña. Membro do Performance and Health Group da mesma universidade, a súa investigación céntrase nas respostas e adaptacións cardiovasculares ao adestramento de forza en diversos grupos poboacionais, así como na avaliación da condición física na poboación infantoxuvenil. Realizou estancias no estranxeiro e colabora con institucións internacionais en proxectos sobre exercicio físico e deporte, especialmente en poboacións especiais como a infantil, adultos maiores e persoas con patoloxías. Participou en proxectos da Cátedra SXD Galicia Activa e, actualmente, traballa no Proxecto CARE sobre exercicio de forza en mulleres postmenopáusicas, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación de España.

 

Presentará o relatorio: Actividades, exercicios físico e condición física na menopausia.

 

Mª de los Ángeles Fernández Villarino. Profesora Titular de Universidade na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo. Docente do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, no Máster Interuniversitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde e no Máster de Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos. Investigadora Principal do Grupo REMOSS. As súas principais liñas de estudo s son: (i) Educación Física e Alfabetización Física en e desde o centro educativo; (ii) a análise do rendemento deportivo en deportes artísticos; (iii) muller e rendemento deportivo. Foi IP de varios contratos de investigación con institucións como o Instituto da Muller de España ou a Rede Talento Consultoras. É docente dos cursos de adestradoras da Federación Galega de Ximnasia e membro do Comité de Disciplina Deportiva desta federación.

 

Presentará o relatorio: Promoción e abandono da Actividade Física e do deporte en nenas e rapazas adolescentes.

 

A asistencia e participación na xornada é gratuíta e requírese inscrición previa a través do seguinte enlace (pica aquí). O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 22 de novembro de 2024 ata as 13:00h. Inscríbete, as prazas son limitadas!!

 

Consulta aquí toda a información do evento.