Actualidade

A Universidade da Coruña colabora con Tetra Pak para darlle una segunda vida a residuos impulsando a sostenibilidade de novas aplicacións

04/11/2024

 

As investigadoras da UDC, Ana Isabel Ares Pernas, María José Abad López, María Victoria González Rodríguez y Paula Martínez Tojeiro, a través do Grupo de Polímeros da UDC adscrito ao Centro de investigación e Tecnoloxías Navis e Industriais (CITENI), traballan no uso de novas aplicacións e produtos, mediante a revalorización residuos e outros produtos poliméricos, co obxectivo de ofrecer alternativas viables,con maior durabilidade, máis eficientes e que reduzan os custos de mantenemento. 

 

Os traballos, liderados pola docente da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e membro activo do grupo de Polimeros da UDC, Ana Isabel Ares Pernas, incluen dous proxectos de revalorización de residuos, un para a construcción de bateas e outro sobre o produto PolyAl para novas aplicacións para a industria alimentaria. Ambos proxectos, iniciados en setembro de 2024,  teñen unha duración estimada de 8 meses, 

 

Unha nova vida para os residuos
Os traballos para darlle unha nova vida aos residuos lévanse a cabo no Laboratorio de Plásticos do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industrias, onde o equipo investigador, realiza estudos previos para identificar e caracterizar os materiais e analizar a súa viabilidade para os novas aplicacións. Unha vez está deseñado, levan a cabo ensaios para avaliar os datos obtidos, o que lle permite ao persoal investigador valorar de forma máis precisa a súa durabilidade  Ademais, esta innovación podería traducirse nun aforro considerable nos custos e nun impulso cara á sustentabilidade das futuras aplicacións.