O profesor de Botánica da Facultade de Ciencias da UDC e investigador no CICA do grupo BIOCOST, Jaime Fagúndez, impartiu unha conferencia baixo o título: “Avances no coñecemento das especies exóticas invasoras de Galicia” na “Xuntanza naturalista”, celebrada o 14 de xuño de 2024 no Museo de Historia Natural de Ferrol. Durante a conferencia explicou algúns casos de especies invasoras de Galicia e como traballa en diferentes liñas de investigación para mellorar o coñecemento e propoñer medidas de xestión que mitiguen os efectos negativos que producen.