Actualidade

A directora da Cátedra Vegalsa-Eroski falará sobre 'Saúde, (deas)información e redes sociais' na Universidade Sénior da Coruña

17/10/2024

 

As profesoras Carmen Costa Sánchez e Iria Veiga Ramos impartirán un ano máis o Seminario "Saúde, (des)información e redes sociais", organizado pola Universidade Sénior en colaboración coa Cátedra Vegalsa Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa.  

 

O seminario constará de 4 sesións de dúas horas de duración (de 17 a 19 horas) a desenvolver os días 17, 24 e 31 de outubro, e 7 de novembro de 2024 nas instalacións da Universidade Sénior en Normal (Paseo de Rolda nº 47 1º) da Coruña. 

 

 

As redes sociais convertéronse nunha importante fonte de información, tamén relacionada coa saúde. Con todo, esa cantidade de información, opinións, experiencias, etc. que circula polas redes inclúe tamén información falsa, ou que pode conducir a erros no noso comportamento en materia de saúde. É por iso que a Organización da Saúde acuñou o termo de "infodemia" para referirse a esta situación de proliferación informativa no contexto de pandemia que se inicia en 2020. 

 

Conscientes diso e das fake news que circulan pola rede, este seminario pretende, en primeiro lugar, reflexionar e analizar a información en saúde que nos chega a través das redes sociais. En segundo lugar, achegar unha serie de recomendacións para saber se a información que recibimos é unha información veraz e confiable. 

 

As metodoloxías que se seguirán neste curso son dous: sesións participativas na aula con exemplos e taller, onde se estudarán casos de desinformación en saúde e aplicación de metodoloxía de verificación de información. 

 

A continuidade desta formación complementaria foi impartida por primeira vez durante o curso 2022-2023, onde participaron unha vintena de persoas, é posible grazas á colaboración da Universidade Sénior da UDC coa Cátedra Vegalsa-Eroski UDC.