A directora da Cátedra Vegalsa-Eroski, Carmen Costa, concedeu o 11 de agosto de 2024 unha entrevista á súa compañeira, Leticia Rio, para falar sobre o futuro da comunicación. Coñecemos máis sobre a súa perspectiva no sector, marcada polos seus anos de docente e investigadora na Universidade da Coruña
Partindo do labor que a Cátedra desenvolve no campo do compromiso social, a comunicación e a reputación corporativa, a profesora Carmen Costa, destaca que "O alumnado segue estando moi interesado no ámbito da comunicación e iso é unha constante e unha alegría para o profesorado"