Actualidade

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa organiza unha xornada sobre comunicación e igualdade de xénero

01/10/2024

 

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa organiza o vindeiro venres 11 de outubro de 2024 ás 11:30h no Salón de graos da Facultade de Ciencias da Comunicacion da UDC a xornada "Comunicación e Igualdade de Xénero"


Na presente xornada farase a presentación da Colección de libros Comunicación 2030, dirixida pola profesora da UDC Carmen Costa e do primeiro exemplar (ODS5): “Hacia la igualdad de géneros. Comunicación para el empoderamiento femenino".

 

A colección editorial, conformada por 17 títulos, cada un dedicado a un Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (#ODS), é froito da colaboración da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC  coa Editorial UOC e Vegalsa Eroski.


Logo da presentación haberá unha mesa de debate sobre a (Deas)Igualdade de xénero no sector da #comunicación con Ana G. Liste, Xornalista, Vogal do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Inmaculada Postigo, Decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Málaga e Coordinadora da Rede Iberoamericana de Investigación en #Comunicación e #Feminismo para Xustiza Social (IBERFERCOM), Paula Cons, Xornalista, guionista, documentalista, directora de cinema e produtora e Marta Pérez, experta en estudos de Comunicación de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela.

 

A asistencia á xornada é gratuíta, aínda que require inscrición previa na seguinte ligazón (pica aquí)


Sobre a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC

 

A Cátedra Vegalsa-Eroski de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa naceu co obxectivo de contribuír ao benestar e á mellora da nosa sociedade a través de actividades de educación e divulgación, de investigación e de aplicación do coñecemento.


A idea é poder facilitar á comunidade universitaria e á sociedade en xeral unha visión integral sobre a importancia da comunicación á hora de impulsar hábitos de vida saudables e conciencia ambiental, favorecendo á súa vez un consumo consciente e sostible. Para logralo priorizaranse as accións en catro liñas de actuación fundamentais: investigación, transferencia, formación e accións de tipo relacional e de proxección social, achegando Vegalsa-Eroski unha dotación anual de 20.000 euros para a súa consecución.


Entre as iniciativas promovidas no marco da Cátedra para este ano atópanse a inserción laboral das persoas con capacidades diferentes e a colaboración na integración de persoas con discapacidade cognitiva, ambas a través do programa Espazo Compartido da UDC. 


Sobre Vegalsa-Eroski
Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 284 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais Hipermercados e Gasolineiras Eroski, Eroski Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski City, Aliprox e Eroski Rapid. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservizos Cash Récord de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 17 centros distribuídos homogéneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.