Actualidade

Finaliza o 30 de novembro a presentación de candidaturas terceira edición de premios da da A Cátedra Hijos de Rivera-UDC convoca á mellor Tese Doutoral de Desenvolvemento Sostible

30/09/2024

Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible, impulsada pola Corporación Hijos de Rivera e a Universidade da Coruña, ten entre os seus obxectivos fundamentais realizar actividades de investigación desde o ámbito universitario que contribuan ao desenvolvemento sostible da nosa sociedade, e, en particular, pretende fomentar modelos disruptivos que garanten o equilibrio entre a competitividade, o respecto ao medio ambiente e o avance social. 

 

Por iso, a cátedra convoca a terceira edición do premio á mellor Tese Doutoral realizada por doutores que defendesen o seu título na UDC durante os anos 2023-2024, mediante a realización dunha tese doutoral nalgunha temática relacionada directamente co desenvolvemento sostible, e que supoña un avance significativo no coñecemento neste campo, dotado dun premio de 5.000 euros para o/a autor/a da tese que resulte gañadora.

 

As solicitudes poderánse presentar ata o 30 de novembro de 2024 as 24:00h a través da seguinte ligazón (pica aquí).

 

Consulta aquí as bases de la convocatoria