A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación y Reputación corporativa en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña lanzan unha nova convocatoria do Premio ao Mellor Traballo de Fin de Grao de Temática Galega do curso 2024/25 para os graos de Comunicación Audiovisual e Creación dixital, animación e videoxogos, co fin de contribuír para a dinamización, difusión e uso da lingua galega.
Outorgaranse dous premios, de 250€ cada un, un dedicado ao mellor TFG do Grao en Comunicación Audiovisual e outro para o mellor TFG do Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos e poderá participar no Concurso todo o alumnado de Traballo Fin de Grao da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña que presentase o seu proxecto nalgunha das convocatorias do curso académico 2023-24.
As persoas interesadas en presentar a súa candidatura poderán facelo ata o 4 de outubro a través do formulario electrónico establecido pola Cátedra ao que se poderá acceder a través desta ligazón.
Fallo do xurado
As solicitudes presentadas serán avaliadas polo xurado antes do 22 de outubro de 2024 . O xurado estará composto pola profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación, Carmen Costa Sánchez, polo profesor Manuel García Torre, e pola coordinadora do Servizo de Normalización Lingüistica, Marisol Rios Noia da UDC. O fallo do xurado farase público e comunicarase aos gañadores durante o último trimestre de 2024.
Sobre a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa naceu co obxectivo de contribuír ao benestar e á mellora da nosa sociedade a través de actividades de educación e divulgación, de investigación e de aplicación do coñecemento.
A idea é poder facilitar á comunidade universitaria e á sociedade en xeral unha visión integral sobre a importancia da comunicación á hora de impulsar hábitos de vida saudables e conciencia ambiental, favorecendo á súa vez un consumo consciente e sostible. Para logralo priorizaranse as accións en catro liñas de actuación fundamentais: investigación, transferencia, formación e accións de tipo relacional e de proxección social, achegando Vegalsa-Eroski unha dotación anual de 20.000 euros para a súa consecución.
Sobre Vegalsa-Eroski
Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 286 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais Hipermercados e Gasolineiras Eroski, Eroski Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski City, Aliprox e Eroski Rapid. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. ario electrónico establecido pola Cátedra ao que se poderá acceder a través desta ligazón.