Actualidade

A Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol da UDC impulsa proxectos de I+D+i para o desenvolvemento de novos conceptos de deseño industrial

23/09/2024

O profesor José Ramón Méndez Salgueiro da Escola Universitaria de Diseño Industrial (EUDI), e membro activo do grupo de investigación Observatorio para o deseño e innovación en mobilidade, medios de transporte e automoción (ODIMTA) da UDC, dirixe proxectos de investigación para o desenvolvemento de novos conceptos de deseño industrial. O equipo de traballo, liderado por Jose Ramón Méndez, traballa actualmente en dous proxectos, un para o desenvolvemento de gamas de produtos de iluminación decorativa para hoteis 5*, e outro para o deseño de mobiliario urbano, composta por gamas de produto, que incluirán bancos, papeleiras e aparcabicis. Os traballos teñen unha duración de 8 meses e medio, ata maio de 2025, e contan cun orzamento de 24.000 euros.