Actualidade

O Grupo de investigación de Estudos Territoriais da UDC colabora nun estudo sobre o impacto ambiental de Santiago de Compostela

23/09/2024

 

O equipo de investigación multidisciplinar da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña (UDC), Grupo de Estudos Territoriais (GET), baixo a dirección da profesora Estefanía Calo García, está a levar a cabo un estudo sobre a situación do mercado residencial no municipio de Santiago de Compostela.


O GET, creado en 2012, está especializado no estudo do territorio, da paisaxe e das súas comunidades desde a unión do coñecemento das ciencias sociais, a arquitectura e a enxeñaría. Por iso, para a investigación do proxecto “Diagnose da situación do mercado residencial no municipio de Santiago de Compostela” contan cunha ampla experiencia na explotación estatística de diferentes bases de datos relacionadas coa vivenda e o urbanismo.


Algún dos obxectivos deste estudo son analizar a distribución espacial de poboación e dos fogares; prezo medio de compra e alugueiro por zona; detección de zonas de mercado residencial tensionado no ámbito municipal e inframunicipal; distribución de vivenda baleira e procesos de segregación socioespacial; e efectos das vivendas de uso turístico, entre outros. Os traballos, que comezaron en xullo de 2024, teñen unha duración de 6 meses e conta cun orzamento de 12.100 euros.