Actualidade

Investigadores do grupo de investigación Empresa, Consumo e Dereito da UDC lideran proxectos en materia xurídica

23/09/2024

O profesor Jose Manuel Busto Lago  da Facultade de Dereito da UDC e membro do grupo de investigación Empresa, Consumo e Dereito (Ecd) participa en proxectos de asesoramento xurídico. Actualmente dirixe un proxecto de asesoramento xurídico, asistencia técnica e estudos en materias propias da ordenación do patrimonio empresarial e familiar e de contratación nacional e internacional. O proxecto ten unha duración de 24 meses, ata setembro de 2024, e conta cun investimento de 65.000 euros.