Actualidade

A Cátedra de Dereito Local organiza unha nova xornada sobre o recoñecemento extraxudicial de créditos no ámbito local: problemas e propostas de solución

03/09/2024

 

A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña acollerá o próximo 13 de setembro de 2024 a xornada baixo o título “O recoñecemento extraxudicial de créditos no ámbito local: problemas e propostas de solución”, organizada pola Cátedra de Dereito Local en colaboración co Consello de Contas de Galicia, onde se debaterá sobre a figura do recoñecemento extraxudicial de crédito (REC), que nos últimos tempos converteuse nunha controvertida técnica de corrección de irregularidades dos procedementos de xestión máis habituais no ámbito local, en especial a contratación pública. 

 

Esta xornada pretende ser un foro de debate no que se expoñan as distintas posicións xurídicas existentes sobre estes problemas, e se consensúen as interpretacións máis apropiadas para lograr a equilibrada satisfación dos intereses xerais xestionados polas entidades locais. 

 

A xornada,de acceso libre para o público interesado en asistir,  está dirixida polo coordinador da Cátedra, Carlos Alberto Amoedo Souto, e comezará ás 9:45 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito.

 

Consulta aquí o programa da xornada.