Actualidade

A Cátedra NTT Data patrocina o I Foro Cátedra NTTT DATA Diversidade e Tecnoloxía

12/06/2024


O I Foro Cátedra NTT DATA Diversidade e Tecnoloxía terá lugar mañá xoves, 13 de xuño de 2024 a partir das 9:30h en Reitorado da Universidade da Coruña.

 

É unha xornada para falar sobre a diversidade e a inclusión como panca para afrontar con éxito o futuro, así como o debate entre diferentes asociacións e empresas que tratarán o talento diverso como protagonista transformador da tecnoloxía.

 

O evento, de asistencia gratuíta, terá lugar no salón de actos do Paraninfo dá Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, nº9, 15001, A Coruña) e será unha oportunidade de networking. Ademais contaremos coa colaboración do Concello da Coruña,a Asociación Red Empresarial pola Diversidad e Inclusión LGBTI (REDI) e a Fundación Diversidad. 

 

Os interesados en participar poden consultar máis información e reservar praza na seguinte ligazón (pica aquí).