Actualidade

A Facultade de Informática da UDC anunciará o 25 de abril cal é o mellor TFG aplicado 2023/24

22/04/2024

 

A  Cátedra NTT Data  participará na Feira de Prácticas e de Emprego (FePEfic 2024), que organiza a Facultade de Informática da UDC, os días 23,24 e 25 de abril. Un evento destinado ao alumnado que o próximo curso académico realizarán prácticas curriculares en empresas como vía para iniciar o seu camiño profesional nun mercado altamente dinámico e demandante de perfís cualificados.

 

Na V edición da Feira de Prácticas e Emprego contará a Cátedra NTT Data contará durante a mañá do próximo xoves, 25 de abril, cun posto informativo, no que orientar ao alumnado.

 

No transcurso da Feira presentaranse os tres traballos finalistas ao Noveno Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da Facultade de Informática da UDC, e será o xoves 25 de abril, ás 13:00h, cando se faga público o nome do gañador ou gañadora desta edición.

 

Os tres traballos finalistas son: ‘Detección automática de la enfermedad de Alzheimer a partir de imágenes OCT retinianas en ratones transgénicos PS19 tau’, de Pedro Redondo; ‘Amosando o Lado Escuro das redes sociais: desenvolvemento do primeiro corpus en lingua galega para a detección de misoxinia en Twitter e Mastodon’, de Lucía María Álvarez; e, ‘Paralelización dun algoritmo de aprendizaxe automática multi-vista baseado en grafos’, de Jesús Mosteiro.

 

As cátedras NTT Data, ALDABA-WIB e CICAS (Sngular-CoruNet), patrocinan este galardón anual que conta coa colaboración do Centro de Investigación en TIC (CITIC) e da Fundación Universidade da Coruña. Está dotado con 1.500 euros para o gañador e dous accésits de 500 euros para os outros dous finalistas, que este ano foron elixidos entre os quince presentados, todos eles TFG con Matrícula de Honra no curso 2022/23.