Actualidade

A Facultade de Informática da UDC fallará o seu Premio ao mellor TFG aplicado 2023/24 durante a FePEfic

22/04/2024

 

Os próximos días 23, 24 e 25 de abril celebrarase unha nova edición da Feira de Prácticas e Emprego (FepeFIC), na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC). Un punto de encontro para que os estudantes coñezan de primeira man como traballan as entidades do sector TIC, que operan na Coruña, nas que poderán realizar prácticas durante os seus estudos e estas descubran as inquietudes do estudantado do centro.


As 26 empresas adheridas ao programa de prácticas da Facultade de Informática contarán con postos informativos nos que orientan ao alumnado, entre as cales atopanse as cátedras institucionais NTT Data, Aldaba-WIB e Corunet. Ademais, durante o transcurso da Feira, presentaranse os tres traballos finalistas ao Noveno Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da FIC, que corresponden aos estudantes Pedro Redondo, Lucía María Álvarez e Jesús Mosteiro García.


Os gañadores do certame, que conta co patrocinio das cátedras institucionais de NTT DATA, Aldaba-WIB e Corunet e coa colaboración do CITIC, recibirán o galardón (1.500 euros para o gañador e dous accésits de 500 euros para os finalistas) o xoves 25 de abril, ás 13h., durante a FepeFIC.


Traballos finalistas ao Mellor TFG Aplicado
O TFG de Pedro Redondo ‘Detección automática de la enfermedad de Alzheimer a partir de imágenes OCT retinianas en ratones transgénicos PS19 tau’’ consiste, segundo a súa solicitude ao presente certame, en “el desarrollo de un software novedoso, que se basa en técnicas avanzadas de aprendizaje profundo, ha permitido la segmentación tridimensional automática de las capas de la retina. Esto facilita la identificación de cambios sutiles pero críticos asociados a las primeras etapas de la EA, superando las metodologías tradicionales y abriendo nuevas posibilidades para el desarrollo de terapias innovadoras y la detección de nuevos biomarcadores computacionales. Este avance promete reducir significativamente el tiempo y los costes asociados a los ensayos clínicos, abriendo la puerta a tratamientos más eficaces y personalizados”.


A estudante Lucía María Álvarez é unha das finalistas co seu Traballo de Fin de Grao ‘Amosando o Lado Escuro das redes sociais: desenvolvemento do primeiro corpus en lingua galega para a detección de misoxinia en Twitter e Mastodon’. “Un aspecto salientable deste proxecto é a aplicación de técnicas de aprendizaxe automática para adestrar modelos de intelixencia artificial (IA) capaces de identificar e clasificar de forma precisa a presenza de misoxinia nos textos analizados. Estes modelos de IA contribúen á detección temperá da misoxinia, permitindo intervir e previr comportamentos prexudiciais”, explica Álvarez na súa solicitude á FepeFIC.


Jesús Mosteiro é un dos tres finalistas ao Noveno Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da FIC co seu proxecto ‘Paralelización dun algoritmo de aprendizaxe automática multi-vista baseado en grafos’. Un breve resumo do seu proxecto, segundo a súa solicitude: “Os algoritmos multi-vista son capaces de explotar datos estruturados pola súa natureza. Este traballo céntrase en aplicar aprendizaxe multi-vista a problemas de agrupamento non supervisado, que ofrecen información sobre patróns ocultos nos datos”.